O pasado 17 de xaneiro foi a estrea da plataforma de contido audiovisual en galego da CRTVG. No momento da súa presentación presumía de ter más de 1400 contidos relaciónados coa música, cine, programas, series, documentais, podscasts… en galego e de forma aberta e gratuíta. Todos os contidos teñen relación coa TVG ou coa RG. Tamén afirmaban que a súa intención era que eses contidos fosen medrando co paso do tempo.
Para poder acceder ao contido desta nova plataforma gratuíta só temos que rexitrarnos directamente na páxina agalega.gal ou baixar da App store ou de Google Play a aplicación móbil.
Nós entramos para botar unha visual e vimos contidos que poden interesar a profesores e alumnos. Esperamos que lles poidamos sacar proveito ou que simplemente nos entreteñan.