Hoxe retomamos as clases e xunto con este reinicio, tamén reiniciamos as palabras do día. Son moitas palabras as que nos saltamos durante estas vacacións. En concreto dez. As palabras destacadas durante este período de vacacións foron: «rufo, -a«, «panacea«, «adubo«, «gornición«, «faragullos«, «pratada«, «tasto«, «tempero«, «prebe» e «galerada«. Como sempre, premendo na ligazón do Portal das palabras poderedes saber máis sobre estes vocábulos.