Debido a asuntos varios que non comentaremos, acumuláronse un bo lote de palabras do día para comunicar. Concretamente foron os termos: «concentración«, «patronal«, «sindicalista«, «laboral» relacionados coa celebración do 1 de maio, Día do Traballador. E os vocábulos «sogro,-a«, «cuñado, -a«, «comadre» e «primo,-a«, relacionados co Día da nai. Coma sempre, premendo na ligazón correspondente ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre cada un destes termos. As imaxes teñen dereito de copia.