Palabra do ano 2025

Xa temos palabra destacada do ano. Se lembrades, tiñamos  6 candidatas: desfeita, lume, xenocidio, retrinco, loia e foliada. Cadaquén que o desexase puido votar para escoller a súa palabra do ano.

Os resultados en palabras exactas recollidas do Portal das palabras foron:  «xenocidio impúxose con máis de 4 de cada 10 votos emitidos, 2.948 dos case 7.200 rexistrados. Adiantou así á seguinte finalista vinculada a outro fenómeno ben distinto: foliada que suma 1.315 votos, preto do 20 %; e o terceiro posto é para lume, palabra-crónica da vaga de incendios forestais do pasado verán, con 843 votos. O cuarto ocúpao a palabra patrimonial desfeita, proposta fronte a neoloxismos de previsible vida efémera que se multiplican para nomear involucións e desastres varios que sumou 834 votos. Na quinta posición aparece outra palabra de noso, loia (686 votos), que designa as loanzas enganosas ou aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que é falso. Este vocábulo adquire na actualidade, como a súa irmá loiada, a acepción neolóxica que se refire ás informacións falsas divulgadas a través de medios electrónicos, xeralmente co fin de desinformar. Por último, a sexta posición é para retrinco (564), homenaxe a Castelao neste seu ano».

Así que xa sabedes  a palabra destacada do ano 2025 resultou ser «xenocidio«.  Este termo únese co título de  palabra do ano a outros vocábulos: cantareira (2024), cibercarracho (2023),  comadre  (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014). No 2014 deu comezo a elección de palabra do ano.

 

También te puede interesar

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *