A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Xuventude teñen aberto, ata o 17 de marzo, o prazo para participar no certame de declaracións de amor, Lingua de Namorar. Esta iniciativa, que busca dinamizar o galego entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en Internet, establece tres categorías, unha delas exclusiva para Instagram. Podedes consultar as bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0202/lingua-namorar-2025.
Ademais, podemos destacar o Concurso de Marcapáxinas das Letras Galegas organizado polo EDLG do IES San Clemente, ao que se pode presentar o alumnado de ESO, bacharelato e FP de todos os institutos.
Animádevos a participar!