Incorporados ao centro o 1 de setembro e unha vez pasado o rebumbio do inicio das clases, retomamos o pulso do blog. Hoxe faremos reconto a esta semana de palabras que designan distintas formas de goberno recollidas no Portal das palabras. De luns a venres son: autocracia, aristocracia, teocracia, plutocracia e tecnocracia. Para saber máis información sobre as mesmas premede na ligazón que vos conduce ao Portal das palabras.