Dende o venres 31 de outubro, que empezamos as vacacións ata hoxe, luns 3 de novembro, as palabras recollidas no Portal das palabras foron, por orde cronolóxica, as seguintes: «caguelo, -a«, «atroz«, «afouteza» e «liviáns«. Se queredes saber máis sobre estes termos premede na ligazón ao Portal das palabras. Vémonos mañá!
Palabra do día
Hoxe xoves o Portal das palabras destaca o termo «arrepiante«. Premendo no enlace a esta páxina web poderedes saber máis sobre este vocábulo. Que teñades un arrepiante Samaín!
Nota: a imaxe ten dereitos de copia.

Palabra do día
Hoxe o vocábulo destacado no Portal das palabras é… «fobia«. Non teñades fobia a buscar este termo premendo na ligazón ao Portal. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz mércores!

Palabra do día
Bo día a todas e todos! Hoxe, martes, o vocábulo destacado do día é o verbo «espantar«. Premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre este termo tan relacionado coa festividade do Samaín. A imaxe ten dereitos de copia. Que pasades un moi boa xornada!

Palabra do día
Comeza a semana e cambiamos de campo semántico, en principio. Hoxe o termo destacado do día é… «acoro». Premede na ligazón ao Portal das palabras para saber o seu significado e orixe. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo luns!
Palabras da fin de semana
Pois rematou a semana con dúas palabras máis pertencentes ao campo semántico das comidas. O sábado foi a quenda do termo «sardiñada» e o domingo, «milanesa«. E coma sempre, premendo na ligazón ao portal das palabras poderedes saber máis sobre ámbolos termos. As imaxes teñen dereitos de copia.
 
Palabra do día
Hoxe venres o termo destacado no Portal das palabras é… «pisto«. Se queredes saber máis sobre o seu significado e orixe, premede na ligazón ao Portal. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz venres!

Palabra do día
Xa estamos a xoves! Bo día a todas e todos! O Portal das palabras destaca hoxe o termo «minestra«. Se queredes saber máis, premede na ligazón a esa páxina web. A imaxe ten dereitos de copia.

Palabra do día
Hoxe mércores a palabra do día é… «paella«. Esta creo que é un termo sobradamente coñecido que nin será, moi probablemente, no Portal das palabas. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz día.

Palabra do día
Hoxe, martes, a palabra do día segue sendo unha comida, neste caso o termo é… «roxoada«. Se queredes saber o que significa premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día!
