Visita da autora Andrea Maceiras

 

 

 

O día 5 de decembro ás 10:00 visitounos a escritora Andrea Maceiras, autora da novela Que me pare o corazón se te esquezo, obra que foi de lectura obrigatoria para o alumnado de 3º de ESO.

A escritora mantivo un encontro co alumnado sobre a arte de escribir e, en concreto, sobre as experiencias nas que se inspira para artellar as historias que vai contar.

A trama da novela lida xira en torno aos “retos” que afronta a mocidade nas redes sociais e os perigos que poden supoñer e como poden repercutir nas relación humanas.

Seguir leyendo

Reactivación do blog en 2025

Ola, bo día. Tiñamos o blog moi parado e como proposta do ano novo queremos reactivalo. A nosa intención é a de ir incluíndo achegas cada semana polo menos. Como primeira medida incluímos novas ligazóns de interese que vos van dirixir á páxinas web que consideramos de interese.

Un saúdo a toda a comunidade educativa do Liceo.

EDLG  LICEO LA PAZ

 

 

Seguir leyendo

Celebración Día de Rosalía no centro

O 23 de febreiro celebrouse no centro o Día de Rosalía. Moitas foron as  actividades propostas para homenaxear a esta senlleira e extraordinaria poeta no Liceo La Paz. Dende a lectura e escoita dos seus poemas, a realización das fichas aportadas pola SXPL, a escoita no recreo do disco de Amancio Prada » Rosas a Rosalía», a colocación de poemas da autora en cada porta das clases da ESO e do Bacharelato, a elaboración duns murais homenaxe nos taboleiros dos corredores da ESO e Bacharelato nos que os alumnos podían colocar poemas ou textos inspiradores relacionados coa autora e a súa obra. Evidentemente, en todas as clases de lingua galega falouse da autora, da súa obra en galego, da súa importancia no rexurdir da literatura en lingua galega e da súa condición feminina adiantada á visión que se tiña da muller na súa época.

 

 

Seguir leyendo