Hoxe no Portal das palabras destacan o termo «campelo«. Se queredes saber máis sobre este termo premede na ligazón á súa páxina web. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un fermoso e agradable día!

Hoxe no Portal das palabras destacan o termo «campelo«. Se queredes saber máis sobre este termo premede na ligazón á súa páxina web. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un fermoso e agradable día!

Ola, bo día a todas e todos! Parece que xa se vai definindo o campo semántico desta semana. En lugar de campo semántico de accidentes xeográficos, semella que é o campo de elementos da paisaxe galega, pois a palabra do día é… «codesal«. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz recomezo das clases!

Comezamos a semana abandonando o campo semántico das aves e parece que a iniciamos co campo semántico, segundo promete, dos accidentes xeográficos, pois a voz destacada é… «cuíña«. A imaxe ten dereitos de copia. Vémonos mañá no centro!

Esta fin de semana, rematada onte, concluíu con dous novos termos pertencente ao campo semántico das aves ou paxaros. O vocábulo do sábado no Portal das palabras foi «picapau» e o domingo, «pardela«. As imaxes teñen dereitos de copia.

Hoxe venres o termo destacado do día no Portal das palabras é… «papuda» e si, é outro paxaro. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón ao Portal de aquí abaixo á dereita. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día.
Hoxe xoves a palabra do día tamén é unha ave. O termo resaltado é… «cochorra«. Se queredes saber máis sobre o seu significado e a orixe do termo, premede na ligazón ao Portal aquí abaixo á dereita. Que pasedes un moi bo día!

Mércores, metade da semana escolar. Hoxe a palabra do día designa unha nova ave, o seu nome é «pega marxa«. Se queredes saber máis sobre este vocábulo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día!

Bo día a todas e todos. Hoxe a palabra do día é… «canario«. Un paxaro sobradamente coñecido. Se queredes saber un pouco máis sobre el, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día.

Esta semana parece que abandonamos esas palabras tan horribles desta última semana e pasamos de novo aos nomes de paxaros. Hoxe a voz destacada é «subidor«. Se queredes saber máis sobre esta ave, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades unha moi boa semana!

Rematamos esta semana con dúas palabras máis de significación negativa. As palabras son «pornografía» o sábado e o domingo «agresor, -a«. Se queredes saber algo máis sobre ambos termos, premede na ligazón ao Portal das palabras. As imaxes teñen dereitos de copia.
