Hoxe venres o termo destacado no Portal das palabras é… «pisto«. Se queredes saber máis sobre o seu significado e orixe, premede na ligazón ao Portal. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz venres!

Hoxe venres o termo destacado no Portal das palabras é… «pisto«. Se queredes saber máis sobre o seu significado e orixe, premede na ligazón ao Portal. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz venres!

Xa estamos a xoves! Bo día a todas e todos! O Portal das palabras destaca hoxe o termo «minestra«. Se queredes saber máis, premede na ligazón a esa páxina web. A imaxe ten dereitos de copia.

Hoxe mércores a palabra do día é… «paella«. Esta creo que é un termo sobradamente coñecido que nin será, moi probablemente, no Portal das palabas. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz día.

Hoxe, martes, a palabra do día segue sendo unha comida, neste caso o termo é… «roxoada«. Se queredes saber o que significa premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día!

Hoxe luns abandonamos o campo semántico da dor para irmos, segundo parece, ao campo semántico das comidas. Hoxe a palabra do día é… «cuscús«. Premede na ligazón ao Portal das palabras para saber máis sobre este vocábulo. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo comezo de semana!

Ola, bo día! Esta semana abandonamos o campo semántico da estrada e comezamos a mesma cun termo totalmente alleo ao anterior. o vocábulo destacado é … «padecemento«, Se queredes saber sobre o seu significado e orixe, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia.

Esta fin de semana rematamos coas palabras do campo semántico da estrada. O sábado o termo destacado foi…»viaduto» e o domingo, «asfalto«. As imaxes teñen dereito de copia.

Hoxe venres a palabra do día destacada no Portal das palabras é… «ramal«. Xa sabedes, premede na ligazón a esa páxina e poderedes saber máis sobre o termo. A imaxes ten dereitos de copia. Feliz venres ou sexta feira!

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Xuventude teñen aberto, ata o 17 de marzo, o prazo para participar no certame de declaracións de amor, Lingua de Namorar. Esta iniciativa, que busca dinamizar o galego entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en Internet, establece tres categorías, unha delas exclusiva para Instagram. Podedes consultar as bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0202/lingua-namorar-2025.
Ademais, podemos destacar o Concurso de Marcapáxinas das Letras Galegas organizado polo EDLG do IES San Clemente, ao que se pode presentar o alumnado de ESO, bacharelato e FP de todos os institutos.
Animádevos a participar!
O pasado 3 de febreiro o alumnado de 3º de ESO participou no reto «Hoxe falei galego e…» no que durante toda a xornada lectiva deben empregar este idioma en todos os ámbitos, coa colaboración do profesorado de todas as materias que se imparten ese día. Aproveitamos para agradecerlles a axuda prestada, xa que esta facilitou que o reto chegase a bo porto.
Adxuntamos algunha mostra de alumnos que quixeron compartir a súa experiencia»
Profesorado de 3º de ESO.