Palabra do día

Ola. Derradeiro día das vacacións de Nadal. O Portal das palabras destaca hoxe o termo «recompensa«. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón á súa páxina web. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades unhas boísimas horas deste derradeiro día de descanso. Vémonos mañá no centro escolar.

recompensa basada en motivación icono de color rgb ...

Seguir leyendo

Palabras do día (5 e 6 de xaneiro)

Ola, bo día a todas e todos! Hoxe, día de Reis, espero que estes vos trouxesen todo aquilo que tanto deveciades por ter. Os vocábulos destacados de onte e hoxe foron respectivamente: «recoñecemento» e «parabén«. Como vos digo sempre, premendo na ligazón ao Portal das palabras  poderedes saber máis sobre estes termos. As imaxes teñen dereitos de copia. Que teñades un moi bo resto de xornada!

Reconocimiento social: concepto, tipos, importancia y ejemplos    Parabéns!

Seguir leyendo

Palabras da fin de semana

Esta fin de semana os vocábulos destacados no Portal das palabras foron: «pailebote«, onte, e, hoxe, «antigüidade«. Premede na ligazón á súa páxina web para saber máis sobre ámbolos dous termos. As imaxes teñen dereitos de copia. Que disfrutedes dos derradeiros días das vacacións.

Pedro de Trasmonte de Camariñas, el Rey del Cabotaje del norte - Crónica  marítima      40 cosas de la casa de tus padres que puedes vender

Seguir leyendo

Palabra do día

Ola, bo día a todas e todos. Hoxe o termo destacado no Portal das palabras é o substantivo «espineta» que designa un instrumento musical. Se queredes saber máis sobre este vocábulo, premede na ligazón ao Portal. A imaxe ten dereitos de copia.  Que teñades un moi bo día.

382 resultados de imágenes, fotos de stock e ilustraciones libres de  regalías para Espineta | Shutterstock

 

Seguir leyendo

Palabras do día (30, 31 decembro e 1 xaneiro)

Feliz ano 2026 a todas e todos.  Seguimos de vacacións, polo tanto tamén acumulamos varias palabras do día: as dos últimos tres días. Os termos destacados, por orde cronolóxica foron: «cachopa» e «revellido, -a«, para rematar o ano 2025,  e hoxe, para iniciar o ano 2026 o vocábulo «papiro«. Premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre estes termos. As imaxes teñen dereitos de copia. Que teñades un boísimo  ano, cheo de bos momentos e alegrías para todos vós e para todas aquelas persoas que estimades e queredes.

Imágenes de Tocones de árboles libres de derechos ...        Aoihrraan 3x2,5m Envejecido Madera Pared Fondo Resistido Tablón Mal Sucio  De Madera Tablero Fotografía Fondo Oeste Vaqueros Fiesta Decoración  Suministros Video Brotes Arte Retrato Foto Atrezzo : Amazon.es: Electrónica

Favourite, Flowers, of, Garden, and, Greenhouse, London, and, New York, Frederick, Warne, , Co, 1896-97, France, 19th, Century, Icones, Floriculture, Chromolithography, Plants, Ornamental, This illustration features the Cyperus alternifolius, commonly kno                            3.207 Papiro Stock Photos, High-Res Pictures, and Images ...

 

Seguir leyendo

Palabra do ano 2025

Xa temos palabra destacada do ano. Se lembrades, tiñamos  6 candidatas: desfeita, lume, xenocidio, retrinco, loia e foliada. Cadaquén que o desexase puido votar para escoller a súa palabra do ano.

Os resultados en palabras exactas recollidas do Portal das palabras foron:  «xenocidio impúxose con máis de 4 de cada 10 votos emitidos, 2.948 dos case 7.200 rexistrados. Adiantou así á seguinte finalista vinculada a outro fenómeno ben distinto: foliada que suma 1.315 votos, preto do 20 %; e o terceiro posto é para lume, palabra-crónica da vaga de incendios forestais do pasado verán, con 843 votos. O cuarto ocúpao a palabra patrimonial desfeita, proposta fronte a neoloxismos de previsible vida efémera que se multiplican para nomear involucións e desastres varios que sumou 834 votos. Na quinta posición aparece outra palabra de noso, loia (686 votos), que designa as loanzas enganosas ou aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que é falso. Este vocábulo adquire na actualidade, como a súa irmá loiada, a acepción neolóxica que se refire ás informacións falsas divulgadas a través de medios electrónicos, xeralmente co fin de desinformar. Por último, a sexta posición é para retrinco (564), homenaxe a Castelao neste seu ano».

Así que xa sabedes  a palabra destacada do ano 2025 resultou ser «xenocidio«.  Este termo únese co título de  palabra do ano a outros vocábulos: cantareira (2024), cibercarracho (2023),  comadre  (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014). No 2014 deu comezo a elección de palabra do ano.

 

Seguir leyendo

Palabras do día (26, 27, 28 e 29 decembro)

Proseguen as vacacións, polo que as palabras do día van tendo o seu lóxico retraso.  Acumulamos 4 palabras desta vez. O  pasado venres  a palabra destacada do día designa a un peixe: «boraz«. O sábado destacaron «quinado, -a«. Onte domingo elixiron un termo relacionado cun alimento típico destas datas: «polvorón» e hoxe, luns, o vocábulo destacado é… «casarello» (que nada ten que ver cos anteriores). xa sabedes, premede na ligazón ao Portal das palabras para saber máis sobre estes termos. As imaxes teñen dereitos de copia. Que prosigades felizmente co voso merecido descanso.

PANCHO (PARECIDO-BESUGO) FRESCO X KG.                       Acuérdate - Decían los mayores que la Kina San Clemente ...

 

       Pequeña Casa Vieja En El Campo Imagen de archivo - Imagen de ...

Seguir leyendo

Palabras do día (días 23, 24 e 25 decembro)

Tedes que desculpar. Estamos de vacacións e dedicamos boa parte do tempo a disfrutar da familia durante estas datas, polo que acumulamos  tres vocábulos destacados no Portal das palabras. Esas palabras acumuladas foron por orde: «bocarte«, «ensalada rusa» e «calduda«. Coma sempre, premendo na ligazón ao Portal, poderedes saber máis sobre estes termos. E feliz Nadal! (As imaxes teñen dereitos de copia).

Bocarte           Ensaladilla rusa casera (con trucos para que te salga perfecta)

 

Caldo de castañas - Wikipedia, a enciclopedia libre

 

Seguir leyendo

Palabra do día

Hoxe o Portal das palabras destaca o termo «luriñas«. Se xa sabedes o que é unha lura, podedes supoñer facilmente o que singifica este vocábulo destacado. De todas maneiras, se consultades na páxina do Portal, poderedes saber exactamente o seu significado. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un bo resto de xornada!

8,4 mil resultados de imágenes, fotos de stock e ilustraciones libres de  regalías para Small squid | Shutterstock

Seguir leyendo

Palabras da fin de semana

Ola a todas e todos. Que tal sentan as vacacións de Nadal? Espero que as disfrutedes moitísimo. Mais vamos co noso tema. Esta fin de semana os termos destacados no Portal das palabras son: «nevarisca«, o sábado, e hoxe, domingo, «inverneira«. Pode que estes días de inverneira caia unha nevarisca. Talvez, incluso, hoxe. Se queredes saber máis sobre estes dous vocábulos, premede na ligazón ao Portal das palabras. As imaxes teñen dereitos de copia.

    Nevisca cae en algunos sectores - Norte de Ciudad Juárez       Nombres de lluvia en Galicia en galicia.travel

Seguir leyendo