Ola, bo día a todas e todos! Seguimos coas aves. Hoxe é a quenda do «paporroibo«. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día.

Ola, bo día a todas e todos! Seguimos coas aves. Hoxe é a quenda do «paporroibo«. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día.

Ola, bo día. Hoxe o Portal das palabras destaca outro termo que designa unha ave. O vocábulo destacado é… «pega rabilonga«. Se queredes saber máis sobre esta ave, premede na ligazón á súa páxina web. A imaxe ten dereitos de copia. Que disfrutedes dun gran día!

Como onte, 2 de febreiro, día da Candeloria as aves casan, tamén hoxe temos como termo destacado outro paxaro, neste caso é …»escribente«. O seu sinónimo é escribidora. Se queredes saber máis sobre este vocábulo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz martes!

Esta semana deixamos o campo semántico da pesca e comezámola cun nome de ave. Neste caso no Portal das palabras o vocábulo destacado é «alindadora«. Que probablemente non vos soe moito, pero se vos digo algún sinónimo, seguro que vos dades de conta axiña. Sinónimos do termo destacado son: lavandeira, paxariña das neves ou pastoriña. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un gran día!

Rematamos a semana con dous novos termos que se refiren ao mundo da pesca. Se o sábado a palabra destacada foi… «angarello«, hoxe a voz destacada é… «pesco,-a«. Se queredes saber máis sobre ámbolos dous vocábulos, premede na ligazón ao Portal das palabras. As imaxes teñen dereitos de copia. A ver con que campo semántico comezamos a próxima semana. Ata mañá!

Ola bo día a todas e todos. Seguimos co campo semántico da pesca. O termo destacado de hoxe é… «sedela«. Se queredes saber máis sobre este vocábulo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo e feliz venres.

Ola, bo día! Seguimos co campo semántico da pesca. O termo destacado de hoxe é… «zaranda«. Vocábulo que ten como sinónimo mingacho. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un gran día!

Ola, bo día a todas e todos! Hoxe a palabra do día tamén está relacionada co mundo da pesca. Que parece ser, de momento, o campo semántico desta semana. O termo en cuestión é… «engado«. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un marabilloso día!

Ola, bo día. Hoxe a palabra do día designa un elemento fundamental na pesca con cana. O seu nome é «amocelo«. Sinónimos dela son: anzol, bica, brinca ou catueiro. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día!

Ola, bo día. Esta semana abandonamos o campo semántico dos bosques, pois comezamos a semana cun termo que non garda relación con el: «carabelo«. Se queredes saber máis sobre este vocábulo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz luns!
