E seguimos con profesións, hoxe é… «oncólogo.-a«. Como sempre poderedes atopar información sobre esa palabra premendo na ligazón do Portal das palabras. A imaxe coma sempre ten dereitos de copia (istockphoto).

E seguimos con profesións, hoxe é… «oncólogo.-a«. Como sempre poderedes atopar información sobre esa palabra premendo na ligazón do Portal das palabras. A imaxe coma sempre ten dereitos de copia (istockphoto).

Supoño que coñecedes a Indiana Jones ou no mundo da animación a Tadeo Jones. Sabedes que profesión comparten? Pois si, a palabra do día é polo tanto «arqueólogo,-a«. Como sempre, premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre este termo. Ambas imaxes teñen dereitos de copia.

(imaxe de Tadeo Jones obtida en Pinterest)
Pois parece que tiñamos razón na nosa suposición de que agora tocaban profesións científicas, pois a palabra destacada de hoxe é «neurólogo,-a«. Na ligazón do Portal das palabras poderedes obter máis información sobre esta palabra. A imaxe está collida de istockphoto e ten dereitos de autor.

Vamos cunha nova palabra. Hoxe a palabra escollida polo Portal das palabras (ligazón nesta páxina) é… «forense«. Parece que desde este luns é a quenda das profesións científicas. A imaxe ten dereitos de copia: collida da páxina avanzaentucarrera.com. 
Hoxe a palabra escollida é «bioquímico, -a«. Preme na ligazón do Portal da
s palabras para saber máis sobre este termo. A foto corresponde ao famoso bioquímico David Baker, creador de proteínas en laboratorio que loitan contra enfermidades incurables ou dificilmente curables. A foto está sacada do ABC dixital.
Este sábado e domingo pasados as palabras do día escollidas tamén estiveron relacionadas con Grecia. Foron respectivamente os vocábulos «delta» e «cinismo«. Coma sempre, premendo na ligazón do Portal das palabras poderedes saber algo máis sobre ambos termos. (Imaxes collidas de Shutterstock). (A imaxe da dereita pertence ao filósofo Antístenes un dos máximos representantes do cinismo)

Hoxe a palabra do día utilízase para designar a unha figura mitolóxica grega (si, seguimos con Grecia). A palabra en cuestión é «ciclope«. E como todos os días, premendo na ligazón do Portal das palabras poderedes atopar máis información sobre este termo léxico. Todas as imaxes publ
icadas neste blog poden ter dereito de copia. Neste caso a imaxe está collida de Shutterstock.
A nosa palabra do día é…»péntatlon«. De novo outra palabra relacionada inicialmente con Grecia. Na Grecia antiga esta palabra designaba 5 probas: correr, saltar, tirar lanzas, lanzar discos e loita
r. Ollo coa súa pronuncia. Trátase dunha palabra esdrúxula. Como sempre premendo na ligazón do Portal das palabras podedes encontrar información sobre a mesma. (A imaxe ten dereitos de copia, coma sempre).
Pois seguimos con palabras relacionadas con Grecia. A palabra do día de hoxe é «rapsodo«. Se sentes curiosidade sobre o seu significado, preme na ligazón do Portal das palabras e saberán máis sobre esta palabra. A imaxe (con dereitos de propiedade) daravos unha boa pista sobre o seu significado.
E seguimos con palabras gregas. Hoxe é a quenda da palabra «ateneo«. Coma sempre premendo na ligazón do Portal das palabras podedes atopar máis información sobre a mesma. (A imaxe pertence ao templo de Athenea Niké na Acrópole de Atenas. A imaxe ten dereitos de copia.Está collida da páxina www.worldhistory.org).