Hoxe a palabra do día é unha palabra moi suxerente. A palabra é «galegofalante«. Aínda que seguro que coñecesdes de sobra ester termo, podedes informarvos un pouco máis sobre ela premendo na ligazón do Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia.
Palaba do día
Hoxe a palabra do día é o adxectivo «interxeracional«. Preme como sempre na ligazón do portal das palabras para obter máis información sobre a mesma. A imaxe ten dereitos de copia.
Palabra do día
A partir de hoxe abandonamos, alomenos iso parece, as palabras que designan profesións. A palabra destacada hoxe é «identidade«. Preme na ligazón do Portal das palabras para saber máis sobre ela. A imaxe ten dereitos de copia
Palabras da fín de semana
Acabamos a fin de semana con dúas palabras que designan tamén profesións. O sábado foi a palabra destacada «sismóloga, -o» e o domingo, «xurista«. Premendo no enlace do Portal das palabras obteredes máis información sobre ambos os dous termos. As imaxes poden ter dereitos de copia.
Palabra do día
E seguimos con profesións, hoxe é… «oncólogo.-a«. Como sempre poderedes atopar información sobre esa palabra premendo na ligazón do Portal das palabras. A imaxe coma sempre ten dereitos de copia (istockphoto).
Palabra do día
Supoño que coñecedes a Indiana Jones ou no mundo da animación a Tadeo Jones. Sabedes que profesión comparten? Pois si, a palabra do día é polo tanto «arqueólogo,-a«. Como sempre, premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre este termo. Ambas imaxes teñen dereitos de copia.
(imaxe de Tadeo Jones obtida en Pinterest)
Palabra do día
Pois parece que tiñamos razón na nosa suposición de que agora tocaban profesións científicas, pois a palabra destacada de hoxe é «neurólogo,-a«. Na ligazón do Portal das palabras poderedes obter máis información sobre esta palabra. A imaxe está collida de istockphoto e ten dereitos de autor.
Palabra do día
Vamos cunha nova palabra. Hoxe a palabra escollida polo Portal das palabras (ligazón nesta páxina) é… «forense«. Parece que desde este luns é a quenda das profesións científicas. A imaxe ten dereitos de copia: collida da páxina avanzaentucarrera.com.
Premios. Información dende o Servizo Xeral de Política Lingüística
Envíanno dende o SXL a seguinte información sobre premios:
«O IES Castelao de Vigo organiza, no marco das conmemoracións deste ano dedicado ao ilustre rianxeiro, o concurso literario-artístico As Cousas do Castelao. Poderán participar alumnas e alumnos de calquera centro de Galicia e tamén persoas adultas. As obras, que terán que ser inéditas e constar de texto e ilustración ao xeito das Cousas, deberán remitirse ao correo: cousasdocastelao@gmail.com, ata o 30 de marzo.
Ademais, a Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan o VIII Concurso de microrrelatos, no que se premiarán as nove mellores composicións que se presenten nas tres categorías: infantil, xuvenil e maiores de idade. Podedes enviar os traballos ata o 28 de febreiro. Todos os detalles da convocatoria están en: https://relatos.gal/».
Animámosvos a participar.
Un saúdo cordial,
Palabra do día
Hoxe a palabra escollida é «bioquímico, -a«. Preme na ligazón do Portal das palabras para saber máis sobre este termo. A foto corresponde ao famoso bioquímico David Baker, creador de proteínas en laboratorio que loitan contra enfermidades incurables ou dificilmente curables. A foto está sacada do ABC dixital.