Blog en Galego do Liceo La Paz

O Liceo La Paz é un centro educativo concertado, mixto e laico, fundado en 1967 por Don Antonio Pintor Vidal e Don Carlos Pérez Roca. Conta na actualidade con 200 profesores e 2.200 alumnos, que cursan, dende Educación Infantil ata Bacharelato, así como Formación Profesional, idiomas (inglés, alemán, francés, italiano, galego) ou Música e Danza.

Na oferta educativa e de servizos inclúe: Escola de Idiomas, Conservatorio Profesional, Escola de Música e Danza, máis de 40 Actividades Extraescolares deportivas e culturais, comedor e cociña propia, piscina, transporte escolar, atención médica, orientación, residencia de estudantes, amplias instalacións deportivas, así coma os últimos avances en materia de educación.