Como houbo unha fin de semana e tres días sen clases, debido as vacacións de Entroido, acumuláronse ata cinco palabras do día por destacar. Dende o sábado 1 de febreiro ata onte 5 de marzo as palabras escollidas como palabras do día foron: «bandullo«, «domingo lardeiro«, as derradeiras palabras que teñen que ver co Entroido, e «coeducación«, «acoso sexual» e «teito de cristal«, respectivamente, xa relacionadas coa celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo. Se premedes na ligazón do Portal das palabras poderes obter máis información sobre estes termos.