Tras uns días ausente por motivos persoais, o redactor destas liñas retoma a información sobre as palabras do día. Dende a fin de semana ata hoxe, mércores, acumuláronse catro palabras. As palabras dos 4 días anteriores foron respectivamente «gallofa«, «ocorrente«, «salubre«, «achaque«. A primeira refírese a un tipo de reunión de xente, as dúas seguintes son adxectivos e a última un substantivo relacionado coa saúde. Se queredes saber máis sobre estes termos, premede na ligazón do Portal das palabras.