Hoxe, luns, a palabra do día é… «esquío«. Se queres saber máis sobre este vocábulo, preme na ligazón ao Portal das palabras. Feliz luns para todos!

Hoxe, luns, a palabra do día é… «esquío«. Se queres saber máis sobre este vocábulo, preme na ligazón ao Portal das palabras. Feliz luns para todos!

Ola, bo día. Na fin de semana estes foron os termos destacados no Portal das palabras: o sábado, «enxertar» e o domingo, «estripeiro«. Na ligazón correspondente poderedes atopar máis información sobre ambos vocábulos. As imaxes teñen dereito de copia.
(exemplo de enxertar)
(estripeiro) 
Xa estamos a venres, último día da semana en horario escolar. Seguimos como termo destacado do día con outra variedade de mazá, aínda que tamén se pode referir a unha pera. O vocábulo destacado do día é… «pero«. Premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre a definición exacta deste froito. Feliz venres! Nota: a imaxe ten dereitos de copia.
![]()
Hoxe, a palabra do día destacada no Portal das palabras é outra variedade de mazá. O termo é… «repinaldo«. E coma sempre, tamén, premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis datos sobre este vocábulo. Que teñades un bo xoves!.
(A imaxe ten dereitos de copia)
Hoxe mércores seguimos con variedades de mazá. A de hoxe é…»tabardilla«. Aínda que temos a imaxe (con dereitos de copia) para coñecela, poderás saber o seu significado e etimoloxía premendo na ligazón ao Portal das palabras. Que teñades un feliz e ledo día!

A palabra do día de hoxe continúa a temática da de onte. O vocábulo escollido é… «reineta«. Refírese a unha variedade específica de mazá, pero para profundizar un pouco máis, visita o Portal das palabras premendo na ligazón que atoparás abaixo á dereita neste blog. Feliz martes!
Hoxe a palabra do día é… «camoés, camoesa«. Para saber máis sobre este substantivo, preme na ligazón ao Portal das palabras. Coa imaxe poderás facerche unha idea aproximada (a imaxe ten dereitos de copia). Feliz luns!

Esta fin de semana as palabras descadas no Portal das palabras son vocábulos que tamén se refiren a formas de goberno. O sábado o termo destacado foi «xerontocracia» e o domingo, «xinecocracia«. Se queredes saber o significado destas, premede na ligazón ao Portal das palabras.
Incorporados ao centro o 1 de setembro e unha vez pasado o rebumbio do inicio das clases, retomamos o pulso do blog. Hoxe faremos reconto a esta semana de palabras que designan distintas formas de goberno recollidas no Portal das palabras. De luns a venres son: autocracia, aristocracia, teocracia, plutocracia e tecnocracia. Para saber máis información sobre as mesmas premede na ligazón que vos conduce ao Portal das palabras.
E seguimos con palabras relacionadas co deserto. A palabra destacada de hoxe é… «cacto«. Premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre este termo. A imaxe ten dereitos de copia.
![]()