Hai máis de 60 palabras para referirse á chuvia en galego e, hoxe, o Portal das palabras destaca unha delas: o termo «orballo«. Se queredes saber máis sobre este vocábulo, consultade a páxina web citada. Como curiosidade dicirvos que o dicionario RAG recolle vinte e dous (22) temos sinónimos desta voz. Os sinónimos son: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada, parrumada, patiñeira, poalla, poalleira, zarzallo.
A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades unha boa véspera das vacacións de Nadal!

rea Maceiras, autora da novela Que me pare o corazón se te esquezo, obra que foi de lectura obrigatoria para o alumnado de 3º de ESO.