Pois hoxe a palabra destacada designa un anfibio. Este animal ten moitos nomes en galego, pero o destacado no Portal das palabras é «sacabeira«. Sinónimos son: salamántiga, becha, bicha, pinchorra, píntega, sacarrancha, salamanca, sapagueira. Pouquiños, verdade? A imaxe ten dereitos de copia. Feliz venres!
Palabra do día
Bo xoves! A palabra destacada no Portal das palabras hoxe é unha sobradamente coñecida: «tartaruga«. Sinónimo de tartaruga é: sapoconcho. Este termo fíxose famoso nunha edición de OT, pois era utilizada por un dos concursantes que era santiagués. A imaxe ten dereitos de copia.

Palabra do día
Bo día a todas e todos! A palabra destacada no Portal das palabras de hoxe é, si, outro animal. Neste caso un molusco. O termo destacado é «cascarolo«. Sinónimos desta palabra son cosco e caracol. A imaxe ten dereitos de copia.
Curiosidade: no Portal das palabras falan de cascarolos terrestres e mariños. En cambio, no dicionario RAG só admiten cascarolo como molusco terrestre. Investigade vós mesmos cal é a solución máis correcta.
Palabra do día
Esta semana parece que toca o turno do campo semántico dos animais, pois a palabra de hoxe é… «cachourizo» (lembrade que onte fora «esquío»). Estades cansos de saber que animal é. Coa imaxe, que ten dereitos de copia, ides recoñecelo enseguida. Coma sempre, premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber algo máis sobre o significado e orixe do termo. Como curiosidade dicir que ademais deste vocábulo para referirnos a este animal podemos utilizar os sinónimos ourizo, ourizo cacho, ourizo cacheiro ou porco espiño. Que teñades un boísimo martes!
Palabra do día
Hoxe, luns, a palabra do día é… «esquío«. Se queres saber máis sobre este vocábulo, preme na ligazón ao Portal das palabras. Feliz luns para todos!

Palabras da fin de semana
Ola, bo día. Na fin de semana estes foron os termos destacados no Portal das palabras: o sábado, «enxertar» e o domingo, «estripeiro«. Na ligazón correspondente poderedes atopar máis información sobre ambos vocábulos. As imaxes teñen dereito de copia.
 (exemplo de enxertar)
  (exemplo de enxertar)
(estripeiro)                    
Palabra do día
Xa estamos a venres, último día da semana en horario escolar. Seguimos como termo destacado do día con outra variedade de mazá, aínda que tamén se pode referir a unha pera. O vocábulo destacado do día é… «pero«. Premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis sobre a definición exacta deste froito. Feliz venres! Nota: a imaxe ten dereitos de copia.

Palabra do día
Hoxe, a palabra do día destacada no Portal das palabras é outra variedade de mazá. O termo é… «repinaldo«. E coma sempre, tamén, premendo na ligazón ao Portal das palabras poderedes saber máis datos sobre este vocábulo. Que teñades un bo xoves!.
 (A imaxe ten dereitos de copia)
(A imaxe ten dereitos de copia)
Palabra do día
Hoxe mércores seguimos con variedades de mazá. A de hoxe é…»tabardilla«. Aínda que temos a imaxe (con dereitos de copia) para coñecela, poderás saber o seu significado e etimoloxía premendo na ligazón ao Portal das palabras. Que teñades un feliz e ledo día!

Palabra do día
A palabra do día de hoxe continúa a temática da de onte. O vocábulo escollido é… «reineta«. Refírese a unha variedade específica de mazá, pero para profundizar un pouco máis, visita o Portal das palabras premendo na ligazón que atoparás abaixo á dereita neste blog. Feliz martes!
