Palabra do día

Ola, bo día a todas e todos! O Portal das palabras vén de destacar como voz do día o verbo «priorizar«. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón que vos levará á páxina web do Portal. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades por diante un excelente venres!

622.000+ fotos de stock libres de derechos de Prioridad - iStock

Seguir leyendo

Palabra do día

Retomamos hoxe a palabra do día (e tamén a escribir neste blog) unha vez asentados xa no centro. O Portal das palabras destaca hoxe o substantivo «transeúnte«. Se queredes saber máis sobre este termo, premede na ligazón que vos levará ao Portal das palabras. Que teñades un moi bo día!

Seguir leyendo

Palabra do día

Hai máis de 60 palabras para referirse á chuvia en galego e, hoxe, o Portal das palabras destaca unha delas: o termo «orballo«. Se queredes saber máis sobre este vocábulo, consultade a páxina web citada. Como curiosidade dicirvos que o dicionario RAG recolle vinte e dous (22) temos sinónimos desta voz. Os sinónimos son: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo,  breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada,  parrumada, patiñeira, poalla, poalleira, zarzallo.

A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades unha boa véspera das vacacións de Nadal!

La lluvia en Galicia • Orballo

 

Seguir leyendo

Experiencia 3º ESO «Hoxe falei galego e…»

 O pasado 3 de febreiro o alumnado de 3º de ESO participou no reto «Hoxe falei galego e…» no que durante toda a xornada lectiva deben empregar este idioma en todos os ámbitos, coa colaboración do profesorado de todas as materias que se imparten ese día. Aproveitamos para agradecerlles a axuda prestada, xa que esta  facilitou que o reto chegase a bo porto.

Adxuntamos algunha mostra de alumnos que quixeron compartir a súa experiencia»

                                          Profesorado de 3º de ESO.

https://we.tl/t-EvnDeLxn3k

Seguir leyendo

Visita da autora Andrea Maceiras

 

 

 

O día 5 de decembro ás 10:00 visitounos a escritora Andrea Maceiras, autora da novela Que me pare o corazón se te esquezo, obra que foi de lectura obrigatoria para o alumnado de 3º de ESO.

A escritora mantivo un encontro co alumnado sobre a arte de escribir e, en concreto, sobre as experiencias nas que se inspira para artellar as historias que vai contar.

A trama da novela lida xira en torno aos “retos” que afronta a mocidade nas redes sociais e os perigos que poden supoñer e como poden repercutir nas relación humanas.

Seguir leyendo