Palabras da fin de semana

A fin de semana remata con dúas palabras máis do campo semántico da dor e o sufrimento. O sábado o termo destacado foi… «dorido, -a» e hoxe domingo, o vocábulo «calmante«, que tanto pode ser adxectivo como substantivo.  Premede na ligazón ao Portal das palabras e saberedes máis sobre entrámbolos termos. As imaxes teñen dereito de copia.

3,5 millones resultados de imágenes, fotos de stock e ilustraciones libres  de regalías para Dolorosa | Shutterstock    Concepto de calmante - Definición en DeConceptos.com

 

Seguir leyendo

Palabra do día

Xa é venres! Chega a fin de semana. O termo destacado hoxe tamén ten que ver co campo semántico da dor e o sufrimento. O vocábulo é… «torzón«. Xa sabedes, para saber máis, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un feliz venres!

Retortijones estomacales es el peor

Seguir leyendo

Palabra do día

Seguindo co campo semántico da dor e o padecemento, hoxe, xoves, a palabra destacada do día é… «queixume«. Como dato curioso dicirvos que do poema «Os pinos», incluído no poemario titulado Queixume dos pinos do poeta Eduardo Pondal, extraeuse a letra do himno galego. A imaxe ten dereitos de copia. Que disfrutedes dun gran xoves.

Bawling

 

Seguir leyendo

Palabra do día

Feliz mércores! Hoxe a palabra destacada no Portal das palabras é… «estrenxo«. Como sempre vos digo, premendo na ligazón a esa páxina web poderedes saber máis sobre este termo. A imaxe ten dereitos de copia. Que teñades un moi bo día!

Retrato De Hombre De Negocios Que Muestra Gesto De Dolor De Cuello Foto de  stock y más banco de imágenes de Adulto

Seguir leyendo

Palabra do día

Bo día! A palabra destacada de hoxe tamén ten que ver co campo semántico relacionado coa estrada. O termo é… «rasante«. Se queredes saber o significado e a orixe deste vocábulo, premede na ligazón ao Portal das palabras. A imaxe ten dereitos de copia.

Qué son los cambios de rasante y como conducir de forma segura.

 

Seguir leyendo

Palabra do día

Ola, bo día a todas e todos! Pois hoxe continuamos cunha palabra que garda moita relación co termo do día de onte. O vocábulo destacado é…»gabia«. Coa imaxe, que ten dereitos de copia, xa tedes unha pista do seu posible significado e para estar seguras e seguros premede na ligazón ao Portal das palabras. Que teñades un grandísimo martes!

Cuneta - EcuRed

 

Seguir leyendo

Palabra do día

 Bo día! Tras unha semana enteira destinada polo Portal das palabras a destacar termos pertencentes ao campo semántico dos animais, hoxe o vocábulo destacado non ten nada que ver con eles. A palabra destacada é «estrada«. E, por favor, non utilicedes o castelanismo «*carreteira», que loxicamente non é correcto en galego. Que teñades un moi bo inicio de semana!

270+ Fotos de Carretera | Descargar imágenes gratis en Unsplash

A imaxe ten dereitos de copia.

Seguir leyendo

Palabras da fin de semana

Esta fin de semana o Portal das palabras destacou outro dous termos que designan animais. O sábado foi o turno do vocábulo «mofeta» e o domingo resaltou a palabra «oso pardo«.  Premendo na ligazón ao Portal poderedes atopar máis información sobre elas. As imaxes teñen dereitos de copia.

6.700+ Mofeta Fotografías de stock, fotos e imágenes libres ...        Ursus arctos arctos - Wikipedia, la enciclopedia libre

Como curiosidade dicirvos que a mofeta non viven en Galicia, en cambio o oso pardo, si.

 

Seguir leyendo