Experiencia 3º ESO «Hoxe falei galego e…»

 O pasado 3 de febreiro o alumnado de 3º de ESO participou no reto «Hoxe falei galego e…» no que durante toda a xornada lectiva deben empregar este idioma en todos os ámbitos, coa colaboración do profesorado de todas as materias que se imparten ese día. Aproveitamos para agradecerlles a axuda prestada, xa que esta  facilitou que o reto chegase a bo porto.

Adxuntamos algunha mostra de alumnos que quixeron compartir a súa experiencia»

                                          Profesorado de 3º de ESO.

https://we.tl/t-EvnDeLxn3k

Seguir leyendo

Premios. Información dende o Servizo Xeral de Política Lingüística

Envíanno dende o SXL a seguinte información sobre premios:

«O IES Castelao de Vigo organiza, no marco das conmemoracións deste ano dedicado ao ilustre rianxeiro, o concurso literario-artístico As Cousas do Castelao. Poderán participar alumnas e alumnos de calquera centro de Galicia e tamén persoas adultas. As obras, que terán que ser inéditas e constar de texto e ilustración ao xeito das Cousas, deberán remitirse ao correo: cousasdocastelao@gmail.com, ata o 30 de marzo.

Ademais, a Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan o VIII Concurso de microrrelatos, no que se premiarán as nove mellores composicións que se presenten nas tres categorías: infantil, xuvenil e maiores de idade. Podedes enviar os traballos ata o 28 de febreiro. Todos os detalles da convocatoria están en: https://relatos.gal/».

Animámosvos a participar.

Un saúdo cordial,

Seguir leyendo

Inscrición no proxecto » O galego nas aulas» de Radio Líder

Comunicámosvos que O Liceo La Paz está inscrito na iniciativa de Radio Líder O galego nas aulas.  En palabras dos encargados do proxecto da emisora  trátase  «dunha proposta innovadora e multimedia dirixida a fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. A iniciativa levará a radio aos centros educativos, ofrecendo un espazo de expresión que permitirá potenciar o uso do galego entre os máis novos».

Asi tamén nos indican na información que nos fixeron chegar  que entre febreiro e xuño, Radio Líder trasladará os seus estudos móbiles a seis centros educativos seleccionados para participar neste proxecto. O alumnado destes centros será o protagonista dun programa de radio con distintas seccións e contidos, e emitido en directo desde as instalacións escolares, difundido por toda a rede de emisoras de Radio Líder en Galicia, así como a través da web, App, YouTube e Redes Sociais».

Durante as dúas horas de duración do programa, a rapazada participará en dinámicas que promoverán o uso da lingua galega. Ademais, entrevistarán a unha personalidade destacada do ámbito cultural, deportivo, social ou político do seu concello, fomentando o interese polo seu contorno e pola lingua galega.

O prazo de inscrición finaliza o 24 de xaneiro. A partir de aí a emisora fará un sorteo e escollerá 6 centros escolares da totalidade dos inscritos. O resultado do sorteo comunicarase o 27 de xaneiro.

Esperamos que a fortuna nos acompañe.

 

 

Seguir leyendo